Comezan as clases presenciais da escola de maiores de Alfoz

AMariñaXa
O programa escola de maiores Activamente reanuda as clases presenciais a partir do 19 de outubro na Aula Omix da Casa da Cultura.
centro sociocultural biblioteca alfoz
11 Out 2021

O programa escola de maiores Activamente reanuda as clases presenciais a partir do 19 de outubro na Aula Omix da Casa da Cultura. Repartidos en 3 grupos que asistirán un día á semana: martes, xoves e venres en horario de mañá.

O programa, levado a cabo por Tatiana Barreira, Educadora Familiar do Concello de Alfoz, traballa cos maiores a través de diferentes dinámicas adaptadas aos participantes diferentes aspectos que favorecen o desenvolvemento intelectual tamén é un lugar de encontro que fomenta a relación social fundamental nas zonas rurais.

Despois de 2 anos, no que se adaptou ás circunstancias provocadas polo COVID-19 e continuou con titorías personalizadas mensuales para os traballos que seguiron facendo desde a casa, chega o momento esperado de voltar á aula, sempre coas medidas de seguridad necesarias e en grupos máis reducidos para garantir en todo momento o cumprimento da normativa para previr contaxios.

0.18150997161865