Comezadas as obras de reparación da Praza da Música de Ribadeo
AMariñaXa
Ribadeo iniciou as obras de reparación do pavimento da praza da Música, na mazá interna da urbanización que está detrás da Oficina de Turismo.
5 Maio 2021
O Concello de Ribadeo iniciou as obras de reparación do pavimento da praza da Música, na mazá interna da urbanización que está detrás da Oficina de Turismo. O custe dos traballos ascenderá a 33.000 euros que serán satisfeitos con fondos municipais.
Estas obras veñen dadas por unha sentenza que o xulgado fallou indicando que era o Concello quen debera asumilas por ser a parte superior de acceso e de uso público mentres que a parte inferior está destinada a aparcadoiros dos propios edificios.
As obras necesarias foron propostas pola comunidade de propietarios do edificio, sobre un proxecto técnico que as valoraba nuns 17.000 euros, e finalmente estas obras teñen un custo duns 33.000 euros que serán satisfeitos con fondos municipais.