Comeza unha nova edición do tradicional Mercado Renacentista de Viveiro
O Concello de Viveiro deu comezo ao seu xa tradicional Mercado Renacentista, que celebra este ano a súa XVII edición. Este venres, o mercado e o rincón infantil abrirán ás 11.00 e haberá de novo múltiples actividades ao longo do día. En varios momentos do día haberá tamén exhibicións de voo de aves rapaces e máis espectáculos de lume pola noite.
O sábado e o domingo haberá unha programación similar á do venres, con actividades constantes entre as 11.00 e ás 15.00 e a partir das 17.00. A alcaldesa María Loureiro destacou “a ampla programación desta nova edición do mercado, con actividades para todos os públicos e para todos os gustos ao longo dos 4 días de celebracións”. Por outra banda, a concelleira de Cultura, Lara Fernández Férnandez-Noriega, convidou “a toda a veciñanza a participar na feira, que fará que Viveiro viaxe no tempo á época renacentista, enchendo a vila de música, teatro e moito máis”.