Comezan os festexos de San Bartolo de Xove
Este vindeiro mércores 16 de agosto comeza en Xove o amplo programa de actividades que o Concello programou, conxuntamente coa comisión de festas e as asociacións culturais Saiñas e Prestoxove, para as Festas Patronais do San Bartolo.
Así, o mércores 16 ás 20.00 horas será a inauguración da exposición 40 Aniversario de Saiñas na Sala de Exposicións do Centro Cívico, coa cal a Asociación celebra por todo o alto estes intensos 40 anos de actividade, mostrando un pouco da súa amplísima istoria a través de fotos e un fermosísimo vestiario.
Os horarios de apertura ao público desta exposición serán o venres 18, sábado 19 e domingo 20 de agosto de 12.00 a 14.30 horas e de 19.00 a 23.00 horas. Do luns 21 de agosto ao domingo 3 de setembro será de 17.00 a 21.00 horas.
Tamén o mércores s 22.00 horas na praza do Centro Cívico. Proxección da película O Que Arde do director Óliver Laxe. A película desenvólvese no medio rural galego e na mesma participan numerosos actores non profesionais da Serra dos Ancares. A película aborda a desaparición do medio rural a consecuencia dos incendios.
A película vaise proxectar na praza, ao aire libre, se o tempo o permite. Se chovese ou fixese moito vento, pasaríamos a proxección ao Pavillón. Inda que estamos no mes de agosto, aquí as noites refrescan, polo que recomendamos aos espectadores que veñan cunha rebequita ou cunha pequeniña manta á proxección.
A entrada a esta proxección é totalmente libre e gratuita, polo que facemos unha invitación xeral a asistir á mesma.