Comeza o XVI Concurso de Tapas de Mondoñedo

AMariñaXa
Volve un ano máis o Concurso de Tapas Cidade de Mondoñedo, que este ano chega á décimo quinta edición
tapas
24 Nov 2023

Comeza o Concurso de Tapas Cidade de Mondoñedo, que este ano chega á décimo sexta edición, e está promovido pola Asociación de Comerciantes, Industriais e autónomos.

Este certame gastronómico celebrarase os próximos días 24, 25 e 26 (de venres a domingo) e participarán unha oito locais de hostalaría mindonienses como son A Bodeguiña, O Petisco, O Palique, O Rincón de Mondoñedo, A Taberna de Galiana, A Catedral, O Porriño e Farangullas.

As tapas serán variadas e elaboradas con produto local e poderán degustarse o venres pola noite e o domingo ao mediodía mentres que o sábado serán nas dúas quendas. Cada local presentará as súas tapas orixinais que terán que ser xulgadas por aqueles que se acheguen a degustalas.

Entre as votacións do público sortearanse agasallos para agradecer a súa colaboración. 

tapas mondonedo 2023 cartel

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18182706832886