Comeza o servizo do camión punto limpo móbil de Viveiro

AMariñaXa
Comeza o servizo do camión punto limpo móbil do Concello de Viveiro recibiu un que empregará na recollida de determinados residuos
11 Feb 2023

O Concello de Viveiro anuncia a posta en funcionamento do punto de limpo móbil que comezará a percorrer as diferentes parroquias a partir do próximo luns, día 13, co obxectivo de facilitar a correcta reciclaxe por parte dos veciños e veciñas.

O vehículo, onde se depositarán os distintos tipos de residuos que non se poden deixar nos contedores de lixo habituais, terá a súa primeira parada en Landrove (Escola), onde estará ata o 15.

A súa seguinte localización será na escola de San Andrés de Boimente do 16 ó 17 de febreiro; e colocarase despois nas inmediacións da igrexa de Galdo (do 20 ó 22) e da de San Pedro (23 ao 24). Ademais, permanecerá xunto á escola en Valcarría os días de 27 e 28 deste mes.

“Todos temos a responsabilidade de coidar do noso medios ambiente pero nós, como administración, temos o deber ademais de facilitar as ferramentas e os medios para axudar á correcta reciclaxe. A posta en marcha deste servizo suporá outro paso adiante importante neste eido para o Concello de Viveiro”, subliña a alcaldesa, María Loureiro.

Xa no mes de marzo, o punto limpo móbil ubicarase na igrexa de Chavín (do 1 ao 3), en Vieiro (6 ao 8), diante do colexio de Covas (9 e 10 ), e na Misericordia, nas inmediacións do IES María Sarmiento (13 ao 15). Trasladarase tamén xunto á igrexa de Area (16 e 17 de marzo) e diante da piscina municipal de Celeiro (20 a 24).

Rematará o seu percorrido na explanada da Variante do 27 ó 31 do próximo mes de marzo.

Dende o Concello de Viveiro informan que este é un primeiro ciclo de proba que poderá estar suxeito a modificacións, que se irían comunicando, segundo se vaia analizando o seu funcionamento.

0.11785316467285