Comeza mañá a Feira de Artesanía de Viveiro
Viveiro acolle a XXXVII Feira de Artesanía nos Xardíns Noriega Varela entre o 13 ao 22 de agosto, que inclúe a numerosos profesionais deste eido. O horario será de 11.00 a 14.00 horas e de 17.30 a 22.00 horas.
A Feira de Artesanía de Viveiro é un dos referentes deste tipo de eventos en Galicia, polo que no presente ano queren manter todas as normas sanitarias entre o público e entre os artesáns, para o que piden máximo respecto e sentido.
Ademais, ofrecen dous premios en metálico, un de 200 euros á mellor presentación do stand, e outro, de 100 euros ao mellor produto sexa por orixinal, innovador, ecolóxico, sustentable ou por calquera outro valor engadido.
Tamén no mes de agosto, os Xardíns Noriega Varela recibirán á Feira do Libro, que, como noutras edicións, traerán a Viveiro unha ampla oferta cultural e encontros cos escritores e escritoras.