Comeza hoxe unha nova edición de Sanci Tapeando

TerraChaXa | AMariñaXa
7 Xan 2021

Hoxe xoves 7 de xaneiro regresa Sanci Tapeando coa degustación de diferentes receitas culinarias en 7 locais hostaleiros de San Ciprián.

A proposta para este primeiro día da nova tempada é degustar unha miniburguer con chacina e cebola no Café bar O Faro; unha espetada moura no Mesón A Bodega; unha tosta de chacina na cervecería O encontro; unhas rabas de lura con ali oli no Café Bar Maruxaina; unha pizza especial Tapeando na pizzería O Trasgo; unhas bombas de pizza na Cervecería Las Titas e un polbo á feira Terraza O Noso Lar.

A hostalaría de San Cibrao coa colaboración do Concello, presenta unha proposta culinaria nova todos os xoves.
A esta iniciativa están adeheridos sete locais, que servirán os días 7, 14, 21 e 28 de xaneiro a partir das 19:30 horas, unha tapa diferente, elaborada, a un prezo de 2 euros.
Os clientes terán a posibilidade de participar nun sorteo de tres vales, de 250 euros, de 150 euros e de 100 euros, para gastar nos locais participantes; que se celebrará cada dous meses.
0.20721411705017