Comeza en Trabada o Campamento de Nadal 2024-2025
Comeza o Campamento de Nadal 2024-2025 do Concello de Trabada, que se desenvolverá entre hoxe e o 3 de xaneiro en horario de 9.00 a 14.00 horas e incluirá obradoiros, cinema, xogos e moitas máis actividades.
“O campamento está tendo moi boa acollida entre os nenos e nenos, e desde o concello reforzamos o noso compromiso coa conciliación familiar a través de propostas de ocio e lecer como esta”, asegura o alcalde de Trabada, Rubén García, que hoxe visitou o campamento.
Trátase dunha iniciativa gratuíta dirixida a nenas e nenos de entre 3 e 12 anos que estean empadroados ou que teña familiares empadroados no Concello de Trabada. “Agardamos que desfruten moito do campamento un ano máis, antes de desfrutar da maxia do Nadal coas súas familias”, engade Rubén García.