Comeza en Ribadeo o curso de competencias clave

AMariñaXa
Deu comezo o curso de competencias clave que durante as próximas semanas se desenvolverá na Casa de El Viejo Pancho os luns, mércores e venres en horario de 10.
competencias_clave_ribadeo
6 May 2024

Deu comezo o curso de competencias clave que durante as próximas semanas se desenvolverá na Casa de El Viejo Pancho os luns, mércores e venres en horario de 10.00 a 13.00 horas, con 20 participantes. A concelleira de Promoción Económica, Marta Saiz, explica que “neste curso preparatorio participan un total de 20 persoas residentes no concello de Ribadeo que precisan desta titulación para seguir formándose e mellorando a súa situación laboral.”

O desenvolvemento desta formación contribúe a mellorar o acceso á formación ocupacional e á empregabilidade das persoas en situación de demanda de emprego no concello de Ribadeo que non contan con estudos de Educación Secundaria Obrigatoria ou que non puideron homologar a súa formación. “Dende o Concello felicitamos a todas estas persoas por esas ganas de superación e desexamos que estes cursos sexan de gran axuda para acceder a esas probas que se celebrarán o 22 de xuño. Moita sorte e moito ánimo a todas elas”.

0.18675184249878