Comeza en outubro en Xove un curso de competencias clave

AMariñaXa
O vindeiro luns 4 de outubro dará comezo en Xove o curso de Competencias clave. O prazo de inscrición xa está aberto.
curso competencias clave xove
20 sep 2021

O vindeiro luns 4 de outubro dará comezo en Xove o curso de Competencias clave. Neste curso prepararanse as probas que, cada ano, oferta a Xunta de Galicia en materias como matemáticas, lingua castelá, lingua galega e inglés.

O certificado de Competencias clave axuda na procura de emprego se non se ten a ESO ou formacións superiores.

O prazo de inscrición segue aberto e é gratuíto. Para apuntarse hai que chamar no teléfono 609 837 645 ou no correo bumeiburela@gmail.com, así como en calquera das oficinas de Burela e Foz.

0.10241103172302