Barreiros inaugura unha nova edición da Foliada do Emigrante
O Arco da Vella de Barreiros organiza a décimo segunda edición da Foliada do Emigrante. A cita será este venres 2 de agosto a partir das 20.00 horas na praza do Souto en San Miguel de Reinante. A cita conta coa colaboración do Concello e da Deputación de Lugo. Este ano contarán coa participación deo Ballet Nacional BAFA (Arxentina), do Grupo Nacional NAZ (Casaquistán) e da Agrupación Folclórica u Arco da Vella.
Como vén sendo habitual, distintos grupos de danza e música folclórica galega reúnense cada ano o primeiro sábado de Agosto na parroquia de San Miguel de Reinante para participar neste cita, que naceu fai máis de trinta anos, e que está organizada polo Arco da Vella. O Festival Folclórico Internacional do Emigrante adquiriu a categoría de Festa de Galicia de Interese no ano 2007 grazas a súa singularidade, ao valor cultural que representa e o seu arraigo no muncipio.