Comeza de novo a campaña de voluntariado Coida Cervo

AMariñaXa
Comeza de novo a campaña de voluntariado Coida Cervo. unha campaña de voluntariado de limpeza e acondicionamento de espazos públicos
coida cervo marzo 2022 1
12 Mar 2022

O Concello de Cervo, dentro do programa Coida Cervo, vai levar a cabo este vindeiro luns 14 de marzo unha actividade de voluntariado en conmemoración do Día Internacional da Acción polos Ríos.

Nesta ocasión a actividade consiste en facer unha recollida de lixo pola contorna do río Xunco. Será a partir dás 12.00 horas e o punto de encontro na praza do Souto. Para prticipar será necesario anotarse chamando ou mandando un whatsapp ao 683 31 59 39.

O Concello subministrará todo o material necesario para poder realizar a acción voluntaria; mantendo e respectando sempre todas as medidas de prevención fronte ao COVID-19.

Coida Cervo é unha campaña de voluntariado de limpeza e acondicionamento de espazos públicos, que ten como obxectivo poñer en valor as boas prácticas individuais no noso día a día no coidado e protección da contorna.

0.17119216918945