Comeza a XXII Semana do Teatro Afeccionado en Foz

Foz
AMariñaXa
Entregados os premios do II Certame de Teatro Afeccionado José Luis López Lorenzo de Foz celebrado durante o mes de xuño
CARTEL XXII SEMANA DO TEATRO AFECCIONADO EN FOZ (VERÁN 2023)
30 Aug 2023

Este xoves, 31 de agosto, venres 1 e sábado 2 de setembro Foz poderá desfrutar de tres grupos de teatro afeccionado que representarán ás súas obras en diferentes emprazamentos da vila. Por mor das previsións meteorolóxicas as obras do venres e do sábado serán en interior.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “o xoves 31 será a compañía Os pícaros de Lagoa a que poña en escena a obra Era boa si colara, que se representará na Praza Conde de Fontao ás 21.30 horas. O venres 1 comezaremos setembro coa compañía O Centiño e a obra De poucas luces, que será tamén ás 21.30 horas pero na Casa da Cultura. O sábado 2 será a compañía A Adala quen representará Marina Club, tamén na Casa da Cultura ás 21.30 horas”.

A edila móstrase “moi feliz xa que contamos con moitas compañías de teatro afeccionado que nos acompañan en todos os programas que temos, tanto neste coma no Certame do Poto, como co Teatro nas parroquias. Agradecémoslles moito esta implicación e esperamos que a xente desfrute moito con eles, como sempre o fan”. E finaliza comentando que “o mes de setembro comeza co teatro, pero o outono virá cargado de cultura en Foz”.

CARTEL XXII SEMANA DO TEATRO AFECCIONADO EN FOZ (VERÁN 2023)

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17624592781067