Comeza a XXI Semana do Teatro afeccionado do Concello de Foz

Foz
AMariñaXa
Hoxe comeza a XXI Semana do Teatro afeccionado do Concello de Foz que durará dende hoxe e ata o domingo 21 de agosto.
XXI Semana do Teatro afeccionado do Concello  Foz 1
16 Ago 2022

Hoxe comeza a XXI Semana do Teatro afeccionado do Concello de Foz que durará ata o domingo 21 de agosto.

Na xornada de hoxe no pavillón do CEIP Nº 1 poderase desfrutar de Maruxa a narradora de lendas a cargo da Adala infantil.  A seguinte será O Randiña, de Pico do Castro, o venres 19 na praza de Rosalía de Castro.

Continuará o sábado 20 de agosto no paseo da Rapadoira con Vivan os noivos de A Adala de Fazouro, e o domingo 21 na praza do Concello con Cousas de mulleres de Axóuxeres de Vilaronte.

Este certame, que serán ás 21.00 horas, é unha maneira de dar visibilidade ao teatro afeccionado. En Foz hai unha moi importante afección a el, con seis grupos, repartidos entre as distintas parroquias do municipio, e que incluso un deles conta dunha compañía infantil. 

XXI Semana do Teatro afeccionado do Concello  Foz
0.22459077835083