Comeza a sinalización de sumidoiros en Burela

AMariñaXa
A Concellería de Medio Ambiente xunto coa asociación A Mariña Sen Plástico comezaron a sinalizar sumidoiros en Burela
o mar comeza aqui
18 May 2021

A Concellería de Medio Ambiente xunto coa asociación A Mariña Sen Plástico comezaron a sinalizar sumidoiros en Burela co fin de concienciar á poboación sobre os residuos mal xestionados e o efecto que teñen sobre os ecosistemas mariños. 

A edil Toñi Eijo explicou que “desde a Delegación Municipal de Medio Ambiente xunto coa asociación A Mariña Sen Plástico comezamos a sinalización dos sumidoiros no noso pobo. Fixémolo na rúa Eijo Garay nos que pode verse a mensaxe o mar comeza aquí xunto coa silueta dun bonito e as ondas do mar”.

A concelleira de Medio Ambiente subliñou que “o obxectivo da campaña é concienciar á poboación sobre os residuos mal xestionados e o seu devastador efecto sobre os ecosistemas mariños. Todo o que arroxamos aos sumidoiros ou ao chan finalmente chega ao mar. A contaminación que sofren os océanos é unha das ameazas máis urxentes ás que nos enfrontamos”. 

Eijo engadiu que “o plástico, as cabichas e ultimamente as mascarillas e as luvas son un verdadeiro problema que poñen en risco a vida de moitas especies. Pouco a pouco iremos sinalizando mais sumidoiros noutras rúas do noso pobo”. 

pintado sumidoriros burela

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.085502147674561