Comeza a retirada dos vehículos abandonados nos espazos públicos de Viveiro

AMariñaXa
Nunha primeira fase serán 27 os vehículos retirados, tanto das rúas de Viveiro como de Aparcadoiros A Mariña
vehículos-abandonados-Viveiro
13 Xuño 2024

A tenenta de alcaldesa e responsable da área de medio ambiente do Concello de Viveiro, Míriam Bermúdez, informa do comezo do servizo de retirada dos vehículos abandonados nos espazos públicos da vila.

Nunha primeira fase serán 27 os vehículos retirados, tanto das rúas de Viveiro como de Aparcadoiros A Mariña. A empresa adxudicataria destes traballos é ‘Desguaces Herbón’, que realizará as tarefas durante dous anos, coa posibilidade de dúas prórrogas anuais.

Míriam Bermúdez pon en valor este novo servizo, “xa que os vehículos abandonados poden ser un problema medioambiental e de seguridade”.

0.13946509361267