Comeza a renovación do firme na estrada de Augaxosa a Trabada
O Presidente da Deputación de Lugo e responsable directo da área de Xestión Territorial, José Tomé Roca, informa de que comezaron os traballos de renovación da estrada provincial LU-P-5506, unha vía que une Augaxosa con Trabada. Esta vía discorre polos concellos de Trabada, A Pontenova e Lourenzá, dende o quilómetro 0 ata o 4,1.
A institución provincial inviste 52.500€ nesta vía que percorre os concellos de Trabada, A Pontenova e Lourenzá, e é a principal vía de comunicación deste concello coa capitalidade lucense. Con esta mellora que comeza coa limpeza de cunetas e que, posteriormente executarase o estendido do aglomerado en quente, a vía queda renovada de maneira íntegra.
O Presidente subliñou que unha liña de actuación prioritaria da Deputación é a mellora da rede viaria, tal e como o Goberno provincial demostra nos Orzamentos do ano 2021, nos que aumentan os fondos para este fin nun 14%, ata chegar aos 16M€. “Cremos que a mobilidade é un dereito máis da cidadanía, e manter en bo estado as comunicacións por estrada é imprescindible para garantir a igualdade de oportunidades e o equilibrio territorial, e, polo tanto, para fixar poboación no rural”, insistiu.
Con esta actuación a institución provincial dá reposta a unha demanda histórica dos veciños da zona, que reclamaban a remodelación desta estrada. A LU-P-5506, ademais de ser a vía que conecta con Lugo cidade é tamén moi empregada polos veciños do centro da provincia cara as praias da Mariña, beneficiando deste xeito a milleiros de persoas.