Comeza a novena do monte de San Roque

AMariñaXa
Esta mañá, sábado 30 de xullo, deu comezo a tradicional novena na capela do monte de San Roque. Do 30 de xullo ao 7 de agosto será ás 08:00.
Viveiro-vista-monte-san-roque
30 Jul 2022

Deu comezo esta mañá, sábado 30 de xullo, da tradicional novena na capela do monte de San Roque.

Do 30 de xullo ao 7 de agosto será a novena das mañás ás 08:00 horas e a esa hora haberá bombas de palenque. O último día, domingo 7 de agosto, despois da novena haberá misa solemne e procesión arredor da capela.

A novena das tardes (19:00 horas) comezará o 4 de agosto e rematará o 12 de agosto, con bombas de palenque tamén ás 19:00 horas. O último día, domingo 12 de agosto, haberá despois da novena misa solemne e procesión.

⚙ Configurar cookies
0.17423701286316