Comeza a expropiación dos terreos para o novo apeadoiro en Barreiros

AMariñaXa
stará ao carón da estrada da Deputación que baixa ata a praia de Altar, preto do centro da vila e tamén do pavillón de deportes
reubicacion-apeadoiro-sa-cosme-barreiros
Imaxe de arquivo
3 Xuño 2024

Comezan as expropiacións dos terreos nos que se vai a ir construír o novo apeadoiro de Adif. Estará ao carón da estrada da Deputación que baixa ata a praia de Altar, preto do centro da vila e tamén do pavillón de deportes de San Cosme. Supón a expropiación dun total de 26 parcelas no municipio.

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, explicou, anteriormente, que esta construción en en San Cosme de Barreiros dará cumprimento a un compromiso adquirido co Concello e celebrou a aposta “do Goberno pola mellora das infraestruturas municipais, achegando servizos á poboación, facilitando a mobilidade e contribuíndo á cohesión dos territorios”.

A nova configuración das vías e plataformas que se realiza como consecuencia da supresión do bloqueo telefónico entre Ortigueira e Ribadeo tamén recolle a creación de novos apeadeiros no Barqueiro e nas Catedrais. Ademais, melloraranse as estacións de Viveiro e Burela.

0.37360119819641