Comeza a cuarta edición do programa de outono de visitas e rutas guiadas en, A Mariña en ruta

Foz
AMariñaXa
A  cuarta edición de A Mariña en Ruta, iniciativa da Mancomunidade, rematará o vindeiro sábado, 26 de novembro, en Barreiros. 
Viveiro vista ria
7 Oct 2023

Comeza a cuarta edición do programa de outono de visitas e rutas guiadas en torno á cultura e natureza da Mariña Lucense, A Mariña en ruta, proxecto promovido pola Mancomunidade de Concellos coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo. Ata finais de novembro desenvolveranse 16 actividades, unha por cada concello que conforma o xeodestino e onde a artesanía da comarca terá un papel destacado. Será durante as fins de semana e tamén os festivos 12 de outubro e 1 de novembro.

O río Sor e a natureza agochada nos seus meandros no Vicedo serán os protagonistas da xornada de mañá, sábado, que estará guiada por Boris Vilar.

As actividades terán unha duración de 2 a 4 horas e poderán participar un máximo de 25 persoas mais o guía en cada un. O prezo será de 5 euros para individual; 8 euros para parella; e 12 euros para familias ou grupos de ata 5 membros. A información sobre a rutas e as reservas de prazas realizarase de forma automática a través da web de Turismo de A Mariña Lucense https://amarinalucense.gal/es/a-marina-en-ruta

O vindeiro xoves, 12 de outubro,  Sofía López guiará un percorrido por San Miguel de Reinante: comercio, indianos e fidalgos (Barreiros). O 14 de outubro con Boris Vilar os asistentes coñecerán de preto Riotorto, a terra dos ferreiros. O 15 de outubro Carmen Delia Díaz (La Guiateca) e o artesán Daniel Caxigueiro achegarán aos participantes aos Segredos e Lendas de Foz. A Mariña en Ruta seguirá o 21 de outubro por Trabada, o 28 por Cervo e o 29 por A Pontenova.

A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, anima “a inscribirse para participar nesta atractiva experiencia turística pola nosa comarca. Para a primeira das rutas, que dan comezo mañá, aínda quedan algunhas prazas libres, e para as seguintes están a tempo de anotarse ao longo dos vindeiros días”.

Ana Ermida, vicepresidenta da Mancomunidade

Rocío López asumiu a presidencia da Mancomunidade e, Ana Ermida, a alcaldesa de Barreiros, é a vicepresidenta nesta nova etapa. López explicou que “para a vicepresidencia propuxen a Ana Ermida, a alcaldesa de Barreiros. Estou moi contenta de que aceptase formar parte deste proxecto porque creo que é un exemplo, xa que ao marxe das cores políticas todas e todos podemos traballar na mesma dirección. E estou segura de as dúas aportaremos cousas moi positivas para o conxunto da comarca”.

Rutas do mes de outubro

  1. Sábado 7 - O río Sor e a natureza agochada nos seus meandros, O Vicedo. Con Boris Vilar.
  2. Xoves 12 - San Miguel de Reinante: comercio, indianos e fidalgos, Barreiros. Con Sofía López.
  3. Sábado 14 - Riotorto, terra de ferreiros. Con Boris Vilar.
  4. Domingo 15 - Segredos e Lendas en Foz. Con Carmen Delia Díaz, La Guiateca e o artesán Daniel Caxigueiro.
  5. Sábado 21 - Trabada, viaxe ao pasado pola Fraga da Becerreira. Guía pendente de confirmar.
  6. Sábado 28 - San Cibrao e o seu mar, Cervo. Con Noela Feal.
  7. Domingo 29 - Ruta dos Fornos e Mina Consuelo, A Pontenova. Con Tirolina das Minas e o Ferreiro artesán Rodil.

As actividades do mes de novembro daranse a coñecer en próximos días.

061023 Foto presidenta e vicepresidenta Mancomunidade
0.16712379455566