Comeza a colocación de cubrecontedores en Barreiros

AMariñaXa
Os traballos consistentes en labores de embelecemento do núcleo, incluirán tamén o adecentamento da zona do Souto e do río no tramo urbano.
colocacion-cubrecontendores-barreiros
23 Ago 2024

O Concello de Barreiros ten en marcha as actuación dirixidas ao embelecemento do centro histórico de San Miguel, dando comezo ás obras de colocación de cubrecontedores que foron deseñados de xeito personalizado para o municipio. Estas sete pezas, realizadas en aceiro inoxidable lacado en negro, darán unha nova imaxe na zona de contedores situados no Souto, Entrerríos, Nogueiredo, Os Martices e Áspera.

Comeza así unha primeira actuación dun conxunto no que se incluirá o adecentamento da praza do Souto e a limpeza do río de San Miguel no tramo urbano, para o que o Concello tivo que xestionar ante Augas de Galicia un permiso específico que levou anos de tramitacións. A alcaldesa, Ana Ermida, explica que se trata dunhas actuacións coas que se pretende “embelecer unha zona emblemática da parroquia de San Miguel, un casco histórico a efectos prácticos, que conta cun valor patrimonial en canto a edificacións e social polos usos que fai a poboación que merece intervencións especiais.”

A rexedora resaltou a “necesidade de pór en valor a praza do Souto, epicentro da parroquia, e practicamente o único centro urbano histórico tanto patrimonial como socialmente existente no municipio”. A adquisición dos cubrecontedores realízase ao abeiro dun Convenio asinado coa área de rural da Deputación de Lugo e ascende a 25.000 euros.

0.17643618583679