Comeza a 18ª edición do Resurrection Fest
Comeza a 18ª edición do Resurrection Fest de Viveiro, que se celebrará do 28 de xuño ao 1 de xullo, e que conta cuns 100 artistas divididos en 4 días e 4 escenarios. Os cabezas de cartel dos días principais terán as súas datas únicas en España e será o cartel con máis bandas internacionais que nunca tivemos no noso festival nin tampouco nun evento en Galicia, con 75 bandas de fóra de España.
Iván Méndez, da organización, destacou que “o festival alcanza a maioría de idade nun estado de forma moi bo, xa que nas últimas cifras manexadas pola Asociación de Promotores Musicais e a industria musical, o Resurrection Fest está entre os 10 festivais máis grandes de España, sendo o maior dos festivais de rock e metal do país”, ademais de contar co récord de ser o festival máis grande celebrado en España nunha vila de menos de 20.000 habitantes.
O responsable do festival explicou que este ano contarán cun “bulevar que imita as tendas de discos históricas a nivel mundial, unha capilla onde a xente poderá casarse, concertos secretos de artistas internacionais e unha maior zona de descanso, onde a xente poderá acampar durante o festival e desfrutar de diversas actividades que pronto se desvelarán”.
Nesta edición, o Resurrection Fest contará cos australianos Parkway Drive como novos cabezas de cartel e foron os encargados de dar un dos concertos máis antolóxicos da historia do festival en 2019. Por iso volven a Viveiro cun renovado directo. Un dos espectáculos de música en directo máis grandes en todo o mundo. Unha banda que xamais deixou de crecer e que hoxe en día está entre as bandas máis grandes do rock a nivel mundial.
Cancións como Glitch, Vice Grip ou Wild Eyes son a día de hoxe himnos xeracionais que farán tremer Viveiro e gozar a decenas de miles de persoas en Resurrection Fest Estrela Galicia 2023.
Outra das bandas máis grandes da historia do metal, os brasileiros Soulfly tamén estarán en Resurrection Fest Estrela Galicia. Max Cavalera e os seus volven a Viveiro oito anos despois para deixar claro por que son unha da bandas con máis personalidade en todo o mundo e para repasar a súa carreira, a cal conta xa con máis de vinte e cinco anos.
A superbanda Elegant Weapons, integrada por Rex Brown (baixista de Pantera, outros das grandes cabezas de cartel do festival en 2023), o guitarrista Richie Faulkner e o bateria Scott Travis (ambos de Judas Priest) e o vocalista Ronnie Romero de Rainbow, actuará en Viveiro tamén nesta próxima edición. Sen dúbida un dos grandes atractivos deste ano.
A banda americana de rock Mammoth WVH é outra das confirmacións que o festival galego anuncia hoxe. O proxecto formado por Wolfgang Van Halen, fillo do mítico guitarrista Eddie Van Halen. O legado dun dos mitos máis grandes da historia do rock estará presente en Viveiro.
Dismal completan esta nova quenda de confirmacións. Os vigueses pisarán por primeira vez Resurrection Fest Estrela Galicia.
Unha das bandas máis lendarias do hardcore metal galego que congregará no seu escenario a miles de seguidores.
Os escandinavos Ghost encabezarán o mércores, o primeiro día de festival, e o xoves será a quenda para o regreso máis esperado da historia do metal, a reunión de Pantera, que será a gran actuación desta xornada.
Os americanos Slipknot volverán encabezar unha xornada mítica de Resurrection Fest Estrela Galicia 2023. Os de Iowa veñen con novo álbum debaixo do brazo. Corey Taylor volverá poñer patas para arriba Viveiro nun dos concertos do ano.
E os australianos Parkway Drive encabezarán a última xornada do festival. O punto final para outra edición no que, durante catro días consecutivos, en catro escenarios, Resurrection Fest Estrela Galicia volverá ser un dos epicentros do rock e do metal a nivel mundial. Viveiro volverá ser a capital do rock en España e un referente en Europa.
MIÉRCOLES 28 DE JUNIO.
Ghost
Behemoth
The Ghost Inside
Motionless In White
Dead By April
Ktulu
Perturbator
Alcest
Born Of Osiris
As Everything Unfolds
Cemican
Lampr3a
Hatebreed
The Baboon Show
Wargasm
Jesus Piece
Slope
Youcanthide
Amenra
The Inspector Cluzo
Sylvaine
Rodeo
JUEVES 29 DE JUNIO.
Pantera
Powerwolf
Alterbridge
Elegant Weapons
Vended
Landmvrks
Morphium
Lacuna Coil
Carpathian Forest
Butcher Babies
Imperial Triumphant
Baest
Evil Impulse
Black Flag
Kublai Khan TX
Harm’s Way
Corrosive
Mammoth WVH
1000Mods
Dune
Steak
Exxasens
VIERNES 30 DE JUNIO.
Slipknot
Papa Roach
Fever333
Blind Channel
Nothing More
Megara
Meshuggah
Sleep Token
Wind Rose
Nervosa
Dismal
Dark Embrace
Man With A Mission
Employed To Serve
Attila
Ghostkid
Paledusk
Escuela de Odio
Kadavar
Lucifer
Brutus
Konvent
Rosy Finch
SÁBADO 1 DE JULIO.
Parkway Drive
Architects
Soulfly
Rise Of The Northstar
Polar
Brothers Till We Die
Amaranthe
Belphegor
Evile
Orbit Culture
Parasite Inc
Diabulus In Musica
Desakato (gira de despedida)
H20
Lion’s Law
Spiritworld
Me Fritos And Gimme Cheetos
Oscuto Culto
Mono
Coven
Hällas
Sangre de Muérdago
Florence Black
Deleiba