Comenzaron as actividades da escola obradoiro Terras do Ouro con 20 alumnos

AMariñaXa
Os alcaldes de Alfoz, Valadouro e Foz deron a benvida ao alumnado da escola obradoiro Terras do Ouro, que se puxo en marcha
obraodiro alfoz foz terras do ouro
19 Out 2021

Os alcaldes de Alfoz, Valadouro e Foz deron a benvida ao alumnado da escola obradoiro Terras do Ouro, que se puxo en marcha hoxe, luns, co inicio das clases presenciais.

Nesta iniciativa participan 20 alumnos e alumnas, que recibirán formación teórica e práctica durante nove meses para converterse en profesionais do sector forestal.

Os rexedores municipais desexáronlles que teñan unha boa aprendizaxe e destacaron que “os traballos que van realizar durante o curso de plantación e xestión de montes, mellora e conservación de camiños forestais e outras actividades relacionadas coa xardinería van redundar nas veciñas e veciños dos tres concellos”.

Jorge Val, Edmundo Maseda e Fran Cajoto engadiron que “o obxectivo deste obradoiro é permitir que persoas en situación de desemprego teñan un perspectiva laboral de futuro nun sector que está en auxe na Mariña como é o forestal”.

0.23178696632385