Comezan as obras na rúa do Correo, en Burela
O Concello de Burela dará comezo este mércores, día 8 de maio, ás obras na rúa do Correo, que virán acompañadas dun corte no tráfico rodado da mesma. Trátase dunha actuación de urxencia para arranxar un socavón presente debaixo da estrada antes da celebración das festas patronais do municipio. A partir do propio mércores estará pechada a circulación na rúa, posto que haberá un corte antes da ponte da rúa Eijo Garay.
“Non podemos facer agora mesmo unha estimación de cantos días exactamente estará pechada ao tráfico a rúa, pero agardamos que sexan os menos posibles”, explica o concelleiro de Obras, Ramiro Fernández Rey. O edil sinala que a Policía Local está xa traballando para buscar as mellores alternativas e así causar o menor impacto posible. “Dende o Concello lamentamos as molestias que esta situación poida ocasionar”, conclúe Fernández Rey.