Comezan as festas de Xove con sardiñada popular, verbenas e Día da Infancia

AMariñaXa
Xove celebra as Festas do San Bartolo e a Virxe do Carme dende este xoves 29
festas-fogos-artificiais-celebracion
Foto recurso
28 Ago 2024

Xove prepárase para comezar as Festas do San Bartolo e a Virxe do Carme dende este xoves e ata o luns 2 de setembro. O xoves haberá pregón ás 20.30 horas no salón de actos a cargo de Lolita Barro que foi mestra en Xove. O venres a partir das 20.00 horas haberá sardiñada popular amenizada pola charanga NBG e pola noite a verbena virá amenizada pola orquestra Solara e o grupo América.

O sábado os asistentes desfrutarán de pasacalles coa Banda Naval de Viveiro e os Cabezudos da Asociación Cultural Saíñas. A partir das 13.00 horas terá lugar a misa solemne cantada polo Coro de Cervo e procesión coa Banda Naval de Viveiro. A continuación, haberá sesión vermú coa orquestra Pontevedra. Xa ás 20.00 horas, no Pavillón de Deportes, actuarán a Asociación Cultural Saíñas e AC Os Trazantes de Tenorio. Pola noite, ademais dos fogos artificios, na verbena estarán as orquestras Pontevedra e Charlestón e a disco móbil Conxuro para rematar a festa.

O programa do domingo 1 de setembro comeza con pasacalles coa Banda CC. TT. Nosa Señora de la Misericordia. Ás 13.00 horas terá lugar a misa solemne amenizada pola Orquestra Clásica de Xove e da Escola Municipal de Música de Xove e procesión coa Banda CC. TT. Nosa Señora de la Misericordia. A continuación é a quenda da sesión vermú coa orquestra Trebol e, xa pola noite, a verbena estará amenizada polas orquestras Trebol e Satélites. As festas rematan o luns 2 co Día da Infancia no que achegan inchables para os máis pequenos a partir das 17.00 horas na praza do Concello.

festas xove
0.20353698730469