Colocarán 600 trampas de velutinas en Burela

AMariñaXa
En Burela comezaron as tarefas de trampeo contra a avespa velutina. Vanse colocar 600 trampas nos lugares máis propensos á creación de niños.
trampeo velutinas burela_portada
20 Mar 2022

En Burela comezaron as tarefas de trampeo contra a  avespa velutina. En total vanse colocar 600 trampas nos lugares máis propensos á creación de niños.

A concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo, sinalou que “polo que nos comentan os operarios hai menos presenza de niños de velutina que estes anos atrás. De todos os xeitos arrincamos estes días unha nova campaña de trampeo profesional de raíñas velutinas, as que se encargan de facer os niños, coa intención de que causen os menores danos posibles ás persoas e ao ecosistema: abellas e froitas”.

A edil burelesa engadiu que “en total vanse colocar 600 trampas xeolocalizadas nos lugares que sexan mais propensos á realización deses niños. Os traballos, que xa comezaron, seguirán durante a primavera”.

Xunto aos profesionais que se encargarán do trampeo de 2022 estiveron o alcalde, Alfredo Llano, e a concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo.

0.12682199478149