Colocan un novo punto limpo en Ribadeo
A Concellaría de Medio Ambiente instalou outro punto limpo de proximidade para a recollida selectiva de residuos na avenida Rafael Fernández Cardoso de Ribadeo, o terceiro, que se coloca nos tres últimos meses. Nos outros se recolleron arredor de trescentos quilos de pequenos electrodomésticos, ademais doutros residuos como lámpadas fluorescentes, cartuchos e aerosois.
Nestes armarios recóllense residuos de todo tipo, entre eles aceite vexetal, fluorescentes, cartuchos, tóner, pinturas, pequenos electrodomésticos, cápsulas de café, pilas, cd´s, dvd´s, radiografías e aerosois.
Xa estaban instalados outros dous. Un na entrada de Rosalía de Castro e outro no parque de San Francisco. Este que se coloca agora é outro armario selectivo en colaboración con Ascan, que é a empresa que fai a recollida selectiva en Ribadeo, e máis co Concello.