Colocan pegatinas nos contedores bureleses para concienciar á poboación
A Concellería de Medio Ambiente e Urbaser seguen con diferentes actuacións enmarcadas na campaña Burela Re Bonita. Nestes intres están a colocar pegatinas nos contedores verdes, unha delas sobre o punto limpo e a outra sobre a recollida dos excrementos dos cans.
A edil de Medio Ambiente, Toñi Eijo, sinala que “ambos temas preocupan e polo tanto agardamos concienciar á poboación da importancia de facer un bo uso do punto limpo, chamando previamente antes de baixar os enseres á rúa, e no caso das feces dos cans, estamos diante dunha problemática recorrente no noso concello. Esperamos que os propietarios destas mascotas vaian concienciándose da obriga de recoller eses excrementos, polo ben de todos”.
A concelleira burelesa engade que “si facemos as cousas ben o pobo estará mais limpo e bonito e todos poderemos disfrutar diso, pero para conseguilo é necesaria a colaboración de todos os cidadáns. Durante os próximos días seguiremos colocando ditas pegatinas por todo o pobo”.