Colocados carteis en areais e parques de Viveiro avisando do peche nocturno
O Concello de Viveiro acaba de colocar carteis nos areais e parques máis céntricos e concorridos avisando que dende as 00.00 horas ata as 06:00 horas non se pode estar nestes espazos.
Así, o consistorio tomará medidas no caso de incumprimento desta medida tal e como vense facendo e de maneira especial durante o período estival, o Concello de Viveiro, en coordinación coa Subdelegación do Goberno, reforzará a seguridade para traballar de forma conxunta co Policía Nacional establecendo diferentes puntos de control para impedir que se produzan botellóns ou aglomeracións.
A día de hoxe, no municipio hai un total de 38 positivos. "O número de casos no noso concello estase incrementado, igual que na comarca da Mariña, polo que, sen querer alarmar, “debemos insistir na necesidade de cumprir as medidas establecidas polas autoridades sanitarias”, din dende o Concello.
“Estamos nunha época do ano no que as saídas e a interacción social é maior, polo que debemos lembrar que é posible sair e desfrutar do verán, pero sempre con precaución e cumprindo as medidas”, engaden.