Coidados porta a porta estará no recinto feiral de Lourenzá

AMariñaXa
Coidados porta a porta, da Xunta de Galicia, estará no recinto feiral de Lourenzá os días 13, 16, 18 e 19 de maio
explotacion belesar estado pista vilalba aberta
7 May 2022

A campaña Coidados porta a porta, da Xunta de Galicia, estará no recinto feiral de Lourenzá os días 13, 16, 18 e 19 de maio de 9.00 a 20.00 horas. E o venres 13 ás 17.00 horas haberá unha charla informativa sobre esta iniciativa no salón de actos do Concello.

Esta campaña leva servizos asistenciais, como estimulación da memoria, podoloxía ou audioloxía, ás persoas maiores no rural para a prevención da dependencia.

Os interesados poden obter máis información e solicitar cita previa no teléfono 622.748.283 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19356393814087