Coidados porta a porta estará na Pontenova
AMariñaXa
Coidados porta a porta, da Xunta de Galicia, estará na praza dos Fornos da Pontenova os días 20, 23, e 24 de maio de 9.00 a 20.00 horas.
16 May 2022
A campaña Coidados porta a porta, da Xunta de Galicia, estará na praza dos Fornos da Pontenova os días 20, 23, e 24 de maio de 9.00 a 20.00 horas.
Esta campaña leva servizos asistenciais, como estimulación da memoria, podoloxía ou audioloxía, ás persoas maiores no rural para a prevención da dependencia.
Os interesados poden obter máis información e solicitar cita previa no teléfono 622.748.283 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.