Coidados porta a porta chega a Mondoñedo
O Concello de Mondoñedo acolle o programa Coidados porta a porta, un programa gratuito que ofrece diversos servizos ás persoas maiores, en unidades móbiles que percorrerán diferentes concellos do medio rural das 4 provincias galegas.
En Mondoñedo, as datas previstas para a estancia son o 21 e 22 de abril de 2022 entre ás 09:00 e ás 20:00 horas e estará na praza do seminario. Para participar haberá que pedir cita no teléfono 622 748 283 ou ou no e-mail: coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.
O 21 de abril, de 10:00 h a 10:30 h o persoal do programa impartirá unha charla informativa sobre o programa na Casa da Xuventude.
Os servizos, que se prestarán, preferentemente baixo cita previa, ás persoas que se acheguen, serán os de audioloxía, consistente en revisión e valoración auditiva, o de podoloxía para a prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés como a eliminación de durezas, control de uñas; e o de prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas que consiste na realización de probas de valoración cognitiva, exercicios e fichas de estimulación cognitiva, actividades de estimulación funcional e envellecemento activo, prevención da soidade non desexada e promoción da autonomía persoal.
As unidades móbiles dipoñen de acceso para persoas con mobilidade reducida xa que conta con plataforma elevadora.