Colocan malla antideslizante no paseo das Aceas de Ribadeo

AMariñaXa
O Concello de Ribadeo realiza estes días traballos de mantemento e seguridade no paseo das Aceas, preto da Casa das Algas
mallas colocacion aceas ribadeo
22 Xan 2022

O Concello de Ribadeo realiza estes días traballos de mantemento e seguridade no paseo das Aceas, preto da Casa das Algas, co fin de evitar esvaróns ou caídas ocasionadas pola choiva ou pola xeada. Operarios municipais están a instalar unha malla antideslizante nesa zona. As tarefas rematarán nuns días.

Estas labores de mantemento consisten na colocación de malla no acceso ás Aceas, en concreto nun tramo no que hai unha varanda bastante importante na Vilavella. Esta malla, antideslizante para pavimentos de madeira e incluso para sendeiros, pasarelas e escaleiras, servirá para que todos eses esvaróns que había e incluso caídas que houbo non se volvan repetir. 

0.18755102157593