Clemente Iglesias mantense en Riotorto
O PSOE queda fóra da corporación logo de perder os dous concelleiros, que engrosaron a lista nacionalista. O PP dobra a representación da oposición.
Clemente Iglesias sumou unha nova maioría para o Partido Popular en Riotorto e segue encadeando vitorias. De novo, a súa reprensentación na corporación dobra á que ten a oposición, que na lexislatura que agora comeza só terá un partido.
Como novidade só un crece en votos en Riotorto, o BNG, que gaña dous concelleiros tras sumar 139 votos. Son os mesmos que perde o PSOE, que desaparece la corporación tras sumar só 59 votos, 135 menos que no 2019.
O PP malia as súas boas cifras tamén perde votos, concretamente 61 aínda que ten o 62,58 % dos sufraxios. Non é a primeira vez que o PSOE desaparece da Corporación pero no 2019 logrou ter unha alta representación, superando incluso ao BNG, que sempre foi unha forza importante no municipio.
Clemente Iglesias seguirá sendo alcalde polo tanto mentres que do outro lado da mesa estará Vanesa Gómez Lourido, xornalista de Vilarquide, na parroquia de Galegos, que xa se presentou como a principal alternativa ao goberno do Partido Popular.
CONCELLEIROS ELECTOS
- Clemente Iglesias González PP
- José Luís Lourido López PP
- Manuel Rivas Bouza PP
- Manuel Pacio Iglesias PP
- José Luís Lorido Carballeira PP
- Olga Maseda García PP
- Vanesa Gómez Lourido BNG
- María Campo Fernández BNG
- Luís Fernández Fernández BNG
Non logrou o respaldo que pedía o candidato do PSOE, Víctor González Leivas, que só foi quen de sumar 59 votos, o 6,22 %, deixando claras as dúas posturas enfrontadas que hai no concello.
Para os populares é prioritario “mellorar os servizos e a atención aos veciños”. Nese sentido, Iglesias explicou que o goberno local desenvolveu distintos proxectos e en outros previstos para mellorar os accesos a varios núcleos e tamén á rede de abastecemento e o saneamento.
Durante a campaña política, o alcalde avanzou que aposta por “ofrecer actividades para a dinamización social e cultural e favorecer así o asociacionismo” a través da convocatoria de axudas ás asociacións. Así mesmo, está a traballar pola creación dunha residencia para a terceira idade.