Clave de Son porá banda sonora ao mediodía do domingo en Ribadeo

AMariñaXa
O ciclo O Domingueo, impulsado polo Concello e Acisa, continuará o 15 de xuño con música na Praza de Abastos e novas citas nas vindeiras semanas
Domingueo-Ribadeo-cartel-2025
13 Jun 2025

Ribadeo prepárase para unha nova sesión de O Domingueo, unha proposta impulsada polo Concello e pola asociación de comerciantes Acisa que busca dinamizar as fins de semana con actividades para todos os públicos. Este domingo, 15 de xuño, será a música en directo a protagonista: o grupo Clave de Son actuará a partir das 13:00 horas nos arredores da Praza de Abastos, co obxectivo de animar o mediodía e crear ambiente nesta zona emblemática da vila.

A iniciativa, que combina cultura e lecer, terá continuidade os días 29 de xuño e 6 de xullo en diferentes puntos do municipio, co fin de espallar o ambiente festivo por todo o casco urbano.

Tanto desde o Concello como desde Acisa fan un chamamento á participación: “Convidamos ás veciñas e aos veciños da comarca a achegarse a Ribadeo, a desfrutar das nosas propostas dominicais e tamén de todo o que ofrece a vila ao longo da semana. Estamos ás portas do verán, os días son longos, a programación cultural multiplícase e é o momento perfecto para saír á rúa e vivila”.

⚙ Configurar cookies
0.14552402496338