Clausurado o obradoiro Terras do Sor V promovido por Ourol, O Vicedo e Muras

TerraChaXa | AMariñaXa
Os 20 alumnos traballadores que se formaron no obradoiro de emprego Terras do Sor IV recibiron onte os seus diplomas.
DIPLOMAS AOS 20 ALUMNOS DO OBRADOIRO TERRAS DO SOR
15 Xul 2022

Entregáronse os diplomas aos 20 participantes no obradoiro Terras do Sor V, promovido polos concellos de Ourol, O Vicedo e Muras e financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade cun investimento de 356.000 euros.

O delegado territorial da Administración galega en Lugo, Javier Arias, participou no acto xunto cos respectivos alcaldes, onde explicou que doce alumnos se formaron durante nove meses na especialidade de traballos de carpintería e moble e oito en atención sociosanitaria a domicilio.

O alumnado deste último módulo tivo a oportunidade de aplicar os coñecementos adquiridos na residencia Betania de Viveiro; mentres que os de carpintaría combinaron a aprendizaxe teórica coa fabricación de elementos de madeira para uso público nos tres concellos.

Así, en Ourol confeccionaron 16 papeleiras, mobiliario diverso (25 taboleiros, 50 bancos, 100 cabaletes e 30 cadeiras pregables); así como 100 metros de valado para o Paseo da Rega, entre outros. No Vicedo tamén fixeron mobles (100 cadeiras pregables, 25 bancos e 8 mesas), ademais de tres marquesiñas e dous cobrecontedores. Pola súa banda, en Muras fabricaron 60 taboleiros, 120 cabaletes, 200 cadeiras pregables, un cobrecontedor para a parroquia da Balsa e unha mesa polivalente pregable.

Arias afirmou que a achega económica da Xunta inclúe incentivos para contratar a seis dos alumnos-traballadores en empresas da contorna e de sectores relacionados coas especialidades impartidas, por un mínimo de tres meses cun contrato a xornada completa.

Tamén explicou que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade ten pendente de resolución a nova convocatoria de axudas a concellos para poñer en marcha obradoiros de emprego, que este ano amplía o seu orzamento nun 23% ata os 42,1 millóns de euros. Ademais, nesta edición amplíase a duración ata os doce meses -agora son nove-

0.17712211608887