Clausurado o obradoiro de emprego O Castro X tras nove meses de formación

LugoXa | TerraChaXa | AMariñaXa
Vinte persoas de cinco concellos de Lugo desempregadas recibiron preparación teórica e práctica en xardinaría, construción e control de pragas
Obradoiro-Ribeira-Piquin
11 Sep 2025

O obradoiro dual de emprego O Castro X, promovido polos concellos de Ribeira de Piquín, Castroverde, Pol, A Pastoriza e Riotorto, foi clausurado tras nove meses de actividade.

A directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López, participou no acto de entrega de diplomas e destacou que a Xunta destinou 412.000 euros ao desenvolvemento desta iniciativa.

Durante este tempo, vinte persoas desempregadas tiveron a oportunidade de recibir formación teórica e práctica en especialidades como viveiros, xardíns e centros de xardinaría, operacións de acabados ríxidos e urbanización, así como control de pragas.

As actuacións realizadas permitiron rehabilitar o local social de Santa Marta de Meilán, en Riotorto, acondicionar a contorna do centro cívico de Vián, na Pastoriza, e levar a cabo tarefas de mantemento en rutas de sendeirismo como a Eo-Pena de Millares e a Chao de Pousadoiro-Muíño de García, en Ribeira de Piquín.

Ademais, melloráronse diversas zonas verdes, entre elas a carballeira da Praza Galicia e o merendeiro de Rioxán, en Pol, así como o miradoiro da Lombra e o recinto feiral de Castroverde, entre outras intervencións.

⚙ Configurar cookies
0.14966893196106