Claudia Rodríguez Pérez é a gañadora dun dos premios da campaña do día da nai de Acisa

AMariñaXa
A experiencia é 'Entre burbullas', dunha noite con almorzo e acceso a spa a escoller entre 330 estancias
Foto-premiada-dia-nai-Acisa-Ribadeo
25 Maio 2024

Claudia Rodríguez Pérez, de Ribadeo, é a gañadora dun dos premios sorteados por acisa ribadeo na campaña do día da nai.

A experiencia é 'Entre burbullas', dunha noite con almorzo e acceso a spa a escoller entre 330 estancias e o número agraciado foi o 2.734, que lle foi entregado en Farmacia Álvarez Lebredo.

O outro número premiado o 6.113, que foi entregado en Kids and Us e que corresponde ao colgante exclusivo de prata de lei con madreperla, cortesía de Galería Terra Branca, non apareceu, polo que este agasallo será sorteado máis adiante noutra campaña de Acisa Ribadeo “porque os premios queremos entregalos sempre, non poden quedar desertos”, apuntan desde a directiva da Asociación de Comerciantes, Industrias, Servizos e Autónomos de Ribadeo.

0.14007210731506