Clases semipresenciais, sen exames e de conversa e escoita: a EOI de Viveiro abre a súa matrícula
Alemán, francés, inglés e italiano eses son os idiomas que ofrecen para o vindeiro curso na EOI de Viveiro. En lingua inglesa ofertan os tres niveis (básico, intermedio e avanzado) en Viveiro e Burela. Ademais, contan coa opción de clases semipresenciais de C1 en Burela e de B2 e C2 en Viveiro e de clases de conversación e de escoita, sen exames, para os niveis B1 e B2 tamén en Burela e Viveiro cunha sesión de 2 horas á semana.
Completan o programa o nivel básico (A1-A2) e intermedio (B1-B2) de alemán e os tres niveis de italiano e francés. Os interesados en apuntarse a francés contan coa opción de clases de conversación e de escoita, sen exames, para os niveis B2 e C1 cunha sesión de 2 horas á semana en Viveiro
A EOI de Viveiro xa ten aberta a súa matrícula para o alumnado convocado para a convocatoria extraordinaria e que continúe os seus estudos ata o 5 de xullo, sen que necesiten facer unha preinscrición. No caso do alumnado de novo acceso poderán realizar a súa matrícula en liña, sen necesidade de presentar ningunha documentación, tamén ata o 5 de xullo. A partir do 9 de xullo poderán consultar se están admitidos ou non.
A matrícula farase en liña do 9 ao 19 de xullo. No caso de ter coñecemento previo nun idioma pódese facer a probar de clasificación o 9 de setembro, con preinscrición aberta do 2 ao 6 de setembro ou presentar a titulación correspondente (ESO, BAC). Se algunha persoa está interesada en practicar conserva en francés ou inglés sen exames ofrecen un curso de competencias orais B1 e B2 de inglés e outro de B2 e C1 de francés. Os interesados de facer a matrícula ou de coñecer máis información poden dirixirse á páxina web do centro.