Circo, bailes e teatro en Viveiro con Chop!

AMariñaXa
Circo, bailes e teatro en Viveiro con Chop! Será o 30 de decembro ás 12.00 horas no Teatro Pastor Díaz da cidade do Landro
23 Dec 2020

O vindeiro mércores 30 de decembro o Concello de Viveiro encherase de maxia, baile e circo grazas ao espectáculo Chop! da compañía Teatro ao Cubo.

A obra infantil representarase no Teatro Pastor Díaz de Viveiro ás 12.00 horas. Para acudir será necesario reservar as entradas mediante o número de telefono: 982560162 ou no correo electrónico rgb.cultura@viveiro.es.

0.12062406539917