Cinemas Viveiro ofrece a posibilidade de ver 'Robotia' este sábado
Cinemas Viveiro, no seu afán de poñer en valor o cinema e achegar a cultura cinematográfica aos máis pequenos da casa, pon en marcha para este sábado 15 de xuño unha promoción xunto a CocaCola para ver a estrea de 'Robotia' por 1 euros.
Colaboran nesta promoción con Cinemas Viveiro a Asociación Centro Comercial Histórico de Viveiro e Prato-Do, sumando forzas para dar visibilidade ao esforzo que realiza o Cinema para poder ter estas estreas en localidades como Viveiro.
Os vales están ao dispor dos clientes nas tendas de roupa e calzado de nenos e nas librerías de Porta da Vila e Africa Copias. As entradas pódense comprar en liña.
O cinema está en funcionamento con películas todas as fins de semana, estreas de primeira aqui ao ladito de casa, para que os peques poidan gozar da maxia do Cinema e vivir unha experiencia distinta á do sofá de casa.