Cine na rúa, actividades acuáticas e sesións con Dj este verán en Ribadeo

AMariñaXa
Na praia dos Bloques as rapazas e os rapaces que se acheguen ata alí poderán pasalo en grande nun deslizador de auga Z- gravity
presentacion-programacion-Mocidade-ribadeo
28 Xuño 2024

A mocidade gozará de cine na rúa en xullo, de sesións Dj en xullo e agosto, e de actividades acuáticas do 5 ao 8 de agosto na praia dos Bloques. O concelleiro de Mocidade, Francisco José Silvent, explicou que “as actividades que programamos para a mocidade darán comezo o vindeiro mércores, 3 de xullo, con cine na rúa”. No Campo de San Francisco ás 22.30 horas, os días 3, 10, 17, 24 e 31 de xullo proxectaranse películas como Amigos hasta la muerte, Super Mario Bros, Salta, A praia dos afogados e Barbie.

Tamén haberá sesións con Djs na pista de skate. Serán ás 20 horas con Litainer os días 19 de xullo e 9 de agosto e con Pedro Bermúdez o 12 de xullo e o 2 de agosto. Ademais, na praia dos Bloques do 5 ao 8 de agosto as rapazas e os rapaces que se acheguen ata alí poderán pasalo en grande nun deslizador de auga Z- gravity, que ten un tamaño de 35 metros, e para os máis pequenos estará un tobogán deslizador acuático selva.

“Agardamos que a mocidade de Ribadeo e que nos visite durante o verán desfrute da programación que lles temos preparado desde o Concello de Ribadeo”. No acto de presentación participaron o alcalde, Daniel Vega, e o concelleiro de Mocidade, Francisco José Silvent.

 

0.18005990982056