Cinco segundos

RibeiraSacraXa | SarriaXa | LugoXa | AMariñaXa
A psicoloxía da man de Noelia Yáñez que nos leva á interiorización do ser humano, os seus sentimentos e todo o que o rodea.
Noelia castro
10 Jun 2021

Por Noelia Castro Yáñez

No tocante a escribir, nesta ocasión vou a invitarvos a pensar, lectores. A asociar cada idea deste texto cunha persoa, un momento ou unha sensación; unha canción, un baile, un libro ou un verso. Unha idea pasaxeira ou permanente, unha fotografía ou un bico. E se queredes, logo de lelo dicídello, así con apelativo despois da coma. Pero facédeme caso e poñede a coma. Paula, cada vez que sei que teño clase contigo veño de mellor humor á Academia. Ángela, o café non me sabe igual cando mo preparas ti. Ana, se fose nai, gustaríame ser unha miguiña coma ti.

A “Vecina Rubia” fala da regra dos cinco segundos para emitir un xuízo de valor sobre algo ou alguén. E non pode estar mais acertada, coma de costume. Dille a alguén algo tan só se o pode cambiar nun período máximo de tempo de cinco segundos. Desta maneira, non poderías dicirlle a alguén, “canto engordache este verán”,  pero si poderías dicirlle que ten un moco no nariz, por exemplo. A miña nai non é quen en cinco segundos de reaccionar e esquivar unha laranxa se lla tiras con forza á cara, pero tampouco fai moita proba a boa da muller, bastante ten con aturarme durante bastante máis de cinco segundos explicarlle algún axioma que se me complica ao longo do corredor. Así que antes de atribuírlle a alguén unha premisa, pensade neste parágrafo tan regular explicado.

Entra agora na aplicación moedeiro do teléfono, a que está baleira e non emite notificacións desde fai máis dun ano, pecha os ollos despaciño, agora ábreos e mira, hai descargada unha entrada para ver a Coldplay, a quen escribirías para que fose contigo? Ou preferirías ir soa? De seguro que se tiveses en fronte a alguén que agora non pode estalo, terías moi claras cada unha das palabras que dirías, mesmo a ausencia delas para tapalas cunha aperta, pois faino, antes de que sexa demasiado tarde. Houbo unha noite que foi a peor para a miña familia, sen dúbida, unha noite tan ruín que nos roubou a todos os membros da mesma o dereito dun último bico. Mais miserable foi esa noite para miña tía, a ela rouboulle media vida e a outra media aínda está aprendendo a vivila. Escóitate máis, pero fala máis tamén, gústasme cando o fas, porque te noto preto, ao revés que versa o poema. As palabras achegan corazóns separados polo orgullo. Seguindo cos mandados, agora esperta do asiento sen fiesta dun avión logo de doce horas dun voo soporífero que te devolve á casa, ou ao que ti sempre entendiches por iso, a quen botarías en falla na terminal? Tiveches cinco segundos e xa vin que pola túa mente pasaron varios nomes, pero desgraciadamente algúns deses nomes non saben nin saberán nunca que ocuparon esa posición privilexiada na túa memoria. Nin saberán nunca que tes para eles un pedaciño de acougo na túa alma. Ao avó Libardo facíalle especial ilusión cando lle daban o lirio de romeiro por San Antonio, e sabedes que? Que eu nunca lle merquei flores ata que me tocou levarllas ao camposanto. A iso me refiro, a chegar demasiado tarde.

Os meus amigos fixeron un xogo no que tiñamos que amosar tres cancións que nos definisen para outras persoas. Dúas delas non mas esperaba en absoluto, e unha aínda non a recibín. A min, que xa me encantaba que me fixesen descubrimentos musicais, non me puido gustar máis a idea, por iso agora vou a tratar de definir eu ás persoas que quero cun libro, co difícil que me vai a resultar esa tarefa. Belén sería Ámote, de Xosé C. Caneiro. E como non é o mesmo contalo que vivilo, aquí empezo a practicar un pouquiño diso que predico.

A darlle un tento a algún deses plans da lista de cousas improbables por facer. Porque di Laura Ferrero que tamén nos definen os desexos. Apela a que as nosas biografías deberían comezar por aí, por recoñecer o que non puidemos ou non soubemos vivir, porque afirma ser xustamente aquelo que en ocasións remata por definirnos. E ti, que foi o que non soubeches vivir? Se cadra, estás a tempo, ou igual xa é demasiado tarde, o Demo o sabe.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17359209060669