Cinco rutas dende o CEP Lois Tobío viveirense serán Camiños Escolares Seguros

AMariñaXa
O Concello de Viveiro renovará o firme de varios camiños e ampliar a rede de saneamento no lugar de Brieiro, na parroquia de Faro. 
cep lois tobio viveiro
27 Oct 2023

O Concello de Viveiro presentou o proxecto ANCAS de Camiños Escolares Seguros, que se porá en marcha con cinco rutas diferentes no CEP Lois Tobío.

O proxecto, financiado polo concello, foi presentado esta mañá pola alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, o concelleiro Jesús Fernández, e Jeanne Picard, presidenta de STOP Accidentes.

Loureiro agradeceu o traballo “da dirección e o conxunto da comunidade educativa do colexio Lois Tobío, así como de STOP Accidentes Galicia, partes fundamentais na posta en marcha deste proxecto”.

“Queremos dotar a Viveiro das infraestruturas e os plans de mobilidade necesarios para que a poboación infantil e xuvenil sinta o seu entorno como amigable e seguro, creando itinerarios peonís que aseguren a accesibilidade e mobilidade sostible de nenos, nenas e adolescentes”, afirmou a alcaldesa.

O proxecto ANCAS ponse en marcha despois dun amplo proceso de traballo, con talleres teóricos e prácticos e enquisas de hábitos de mobilidade entre as familias para confeccionar o mapa das diferentes rutas empregadas polo alumnado no seu camiño á escola.

Deste modo, co proxecto lógrase fomentar a participación cidadá, mellorar a convivencia e impulsar costumes saudables de seguridade viaria e respecto ao medio ambiente.

“Cos camiños escolares traballaremos os valores sociais da prudencia, a responsabilidade, a solidariedade, o respecto e a autonomía dos nenos e nenas; haberá cinco rutas diferentes e desde o concello estamos convencidos de que esta primeira proba do Lois Tobío será o comezo dunha experiencia que se trasladará a outros centros educativos”, rematou a alcaldesa.

CAMIÑOS ESCOLARES SEGUROS viveiro
0.16352105140686