Cinco persoas gañan 500 euros en vales na campaña do Día do Pai de Acia Foz CCA

Acia Foz CCA repartiu 500 euros en vales de compra na súa campaña do Día do Pai, tras celebrar o sorteo esta mañá en Radio Foz. O evento contou coa presenza da concelleira de Comercio, Kathy Navarro, e da xerente da asociación, Ana Segade, ademais de estar conducido por Anxo Rivas.
Os números premiados foron: 12.128 (Viajes Rodríguez), 13.610 (Mi Casa), 14.390 (Librería Bahía), 17.128 (Pescadería Coyote) e 25.895 (Pastelería Anduriña). Cada unha das cinco persoas afortunadas recibirá un vale de 100 euros para gastar nos establecementos asociados a Acia Foz CCA. As persoas gañadoras xa poden dirixirse á asociación para reclamar os seus premios.
Desde Acia Foz CCA destacaron a boa acollida da campaña e agradeceron "a fidelidade da clientela dos negocios de Foz, que apostaron polo comercio local para mercar os agasallos do Día do Pai e tamén para os Pepes e as Pepitas".