'Cinco minutos sen respirar' de Gustavo Ott chega á casa da cultura de Burela

TerraChaXa | AMariñaXa
'Cinco minutos sen respirar' de Gustavo Ott chega á casa da cultura de Burela
3 Dec 2020

A Delegación Municipal de Cultura de Burela e a Deputación Provincial de Lugo dentro do Ciclo Seráns Teatrais presentan, este venres 4 de decembro, ás 21:00 horas esta obra  para público maior de 12 anos.

A entrada será de balde, a apertura de portas será ás 20:40 horas ata completar o aforo  permitido de 50 butacas.

A peza

Trátase dunha adaptación da obra homónima do dramaturgo contemporáneo venezolano Gustavo  Ott, que profunda na necesidade humana de imaxinar ficcións para fuxir da realidade.

Cinco minutos sen respirar retrata os anhelos, o medo e a escuridade que pode albergar unha persoa a través de dous personaxes: Margarita, unha (ex)empregada de banca, e Víctor, supervisor nun supermercado.

A montaxe é unha proposta baseada no traballo de interpretación e cunha dirección escénica que incide nos delirios e as dualidades propias do mundo de hoxe.

Cinco minutos sen respirar, fala sobre a vida, os abusos bancarios, o amor, a explotación laboral, o suicidio, a familia, a violencia… e de tantas outras cousas, que non poden ser resumidas en cinco minutos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.065343141555786