Cig-Saúde reclama máis persoal para os centros de saúde da Mariña
Dende Cig-Saúde A Mariña queren facer visible e denunciar a grave situación que "está a padecer a atención primaria en toda Galicia e concretamente na Mariña".
"Lembrades cando nas consultas médicas dos centros de saúde non había listas de agarda?, cando as consultas eran presenciais?, cando tiñas un médico de referencia agás o mes que se ía de vacacións, cando se substituían as ausencias do persoal?. Eses tempos mudaron grazas a falta de previsións e a mala planificación e xestión de quen goberna Galicia e a data de hoxe, a situación é tan grave que preguntámonos se vai ter que actuar a UME para poder cubrir as necesidades sanitarias da poboación", din dende o colectivo.
A modo de exemplo "en Viveiro con 15.391 habitantes o que lle hai que engadir todos os veraneantes, un centro con 10 facultativos de medicina de familia que conta con 7 médicas de mañá e 3 de tarde, están atendidas as consultas por dous médicos mais un que atende as urxencias de mañá. Saen a máis de 5.000 usuarios por médico cando o ratio de pacientes médica non debe pasar de 1.250 ou dito de outro xeito, tres médicos teñen que facer o traballo de dez", engaden dende Cig-Saúde.
"O persoal está sobrepasado e non pode nestas condicións garantir unha calidade asistencial mínima. Xerase unha situación de impotencia, de deixar de crer no seu traballo e so desexan que alguén poña o freo a este desbarre ideolóxico destrutivo que está asfixiando á atención primaria e como consecuencia saturando a atención hospitalaria", informan.
"Os xestores agóchanse na pandemia para xustificar o inxustificable cando esta situación vímola arrastrando dende fai anos e vemos como se vai agravando ano tras ano . Non ten nada que ver a Covid 19 coa retirada de recursos para a sanidade pública e máis concretamente coa eliminación de profesionais na atención primaria", seguen comentando os mariñaos.
Nese senso cren que "xa é hora de que todos cargos intermedios, dende os xefes de unidade, de servizo, cargos da xerencia, xerentes, e directores xerais asuman as súas responsabilidades, peten na mesa e lle fagan chegar o presidente Feijoó que menos non é máis, que non se pode xogar coa sanidade nin coas traballadoras, nin coa saúde da cidadanía e se non o logran".