CIG Saúde di que o servizo de Medicina Interna do Hospital da Mariña está reducido á metade

AMariñaXa
Segundo a Central Nacionalista, o Hospital da Mariña debera estar dotado de cando menos 14 médicos especialistas en Medicina Interna
cig-marina-saude-hospital-pasillo
15 Jan 2025

CIG Saúde vén de alertar do "incesante desmantelamento do Hospital da Mariña". Si a finais do 2024 denunciaban a falta de Cardiólogos, Dixestólogos e Urólogos, hoxe alertan "da demoledora situación na que se atopa o servizo de Medicina Interna coa súa capacidade reducida á metade".

Segundo a Central Nacionalista, "o Hospital da Mariña debera estar dotado de cando menos 14 médicos especialistas en Medicina Interna para cubrir as necesidades dunha comarca con mais de  72.000 habitantes e poder ofertar un servizo de calidade".

CONSECUENCIAS DA FALTA DE MÉDICOS INTERNISTAS

A central sindical explica que, a falta de especialistas en Medicina Interna que vén arrastrando de xeito constante este centro hospitalario, "a data de hoxe 5 efectivos a xornada completa das 10 prazas dotadas, para atender urxencias, consultas externas e pacientes ingresados,  sumado á alta ocupación de pacientes a cargo de Medicina Interna (superando os 60 pacientes ingresados en días pasados) e a sobrecarga xerada pola falta de facultativos do aparello dixestivo e de cardiólogos así como a falla de oncólogos que asuman pacientes ingresados", din, "isto provoca, que se incumpran os cocientes recomendables para ofertar unha atención de calidade (8 pacientes ingresados por especialista), chegando a ter asignados cada un dos especialistas ata 18 pacientes por quenda, unha cifra totalmente inadmisible que pon en risco a saúde tanto dos pacientes como dos propios profesionais". "Tamén provoca a desprogramación das consultas. Péchanse as dúas consultas de Medicina interna disparando os tempos de agarda para consultas, tanto primeiras como revisións,  a cifras mais que preocupantes".

Segundo os datos do primeiro semestre do 2024 publicados polo SERGAS, a media de espera no HULA ou en Monforte é de 10-15 días mentres en Burela a espera é de 4 meses. "Dos 248 pacientes de todo o SERGAS con esperas de entre 3 e 6 meses, 225 son da Mariña e, pacientes en todo o SERGAS con esperas de 6 a 12 meses, figuran rexistrados 187 os cales todos son da Mariña".

PACIENTES DA MARIÑA INGRESAN NO HULA POR FALTA DE INTERNISTAS

Dende CIG-Saúde denuncian novamente que, dende a semana pasada, "estanse derivando cara ao Hospital de Lugo (HULA) pacientes de Medicina Interna que requiren de ingreso por que non se dota ao centro dos médicos internistas necesarios para asumir as necesidades asistenciais da comarca". Nos últimos meses, 6 internistas e 2 xeriatras abandonaron o hospital e, a día de hoxe, temos 5 internistas sen cubrir (unha a media xornada) e das dúas xeriatras nada se sabe.

"A situación de abandono absoluto no que se atopa o Centro Hospitalario e a veciñanza da Mariña ten responsables. Tanto a Dirección do Hospital da Mariña como o Xerente da Área Sanitaria como o propio Conselleiro son responsables da demoledora situación na que se atopa a Sanidade na Mariña". Dende CIG-Saúde non admiten que estes xestores lles digan que “si a CIG sabe onde hai médicos que nolo digan” xa que "son estes dirixentes os que cobran, e non pouco, por dotar do persoal necesario ao centro hospitalario".

0.16450786590576