Chumi García proclámase en Pantín campión galego de surf
Jesús Miguel García, Chumi, fíxose co título de campión galego máster de Surf na localidade de Pantín, na praia de Valdoviño, na primeira proba trala volta da competición despois de mess paralizada pola pandemia.
O traballo do surfista viveirense na proba foi de menos a máis adaptándose con éxito aos diferentes cambios na rompente. Estivo no podio acompañado de Alberto Reimunde, que foi segundo, Milo Castelo e Víctor Iván Pombo.
A seguinte cita do surfista será segiuir traballando para facer un bo papel no Campionato de España do 2021.